(0 Comentarios)
Comenta y valora este libro
Desde os seus inicios, a filosofía intentou comprender a realidade e cuestionar as ideas que consideramos certas. Este libro ofrece unha introdución rigorosa á metafísica, á lóxica e á teoría do coñecemento, tres piares esenciais do pensamento filosófico.
A primeira parte explora a metafísica, dende a cuestión do ser na filosofía grega ata as formulacións contemporáneas. Examínanse as concepcións de Platón, Aristóteles, Spinoza, Hegel, Nietzsche e Heidegger, abordando temas clave como a relación entre esencia e existencia, ou entre inmanencia e transcendencia.
A segunda parte céntrase na teoría do coñecemento, analizando o racionalismo de Descartes, o empirismo de Hume, a epistemoloxía transcendental de Kant e a fenomenoloxía de Husserl. Inclúe unha reflexión sobre o tratamento da cuestión da verdade nas matemáticas e nas ciencias empíricas, así como as novas epistemoloxías posthumanistas.
A terceira parte introduce a lóxica como ferramenta fundamental do pensamento crítico, dende Aristóteles ata Wittgenstein. O libro ofrece unha aproximación didáctica e accesible para estudantes e lectores interesados en comprender as grandes preguntas filosóficas e a súa relevancia na actualidade.
Introdución xeral
PARTE 1. METAFÍSICA
Introdución
A cuestión do ser e o cambio na Filosofía grega: Fundamentos da metafísica
A metafísica en Platón:
Diálogo entre Heráclito e Parménides
A metafísica e a física en Aristóteles
A Filosofía medieval: Metafísica e teoloxía
O ser e o ente
A metafísica en Spinoza: A substancia e o Absoluto
A metafísica en Hegel
A metafísica en Nietzsche
A metafísica en Heidegger
Inmanencia, transcendencia e a pregunta humana polo sentido
Esencia e Existencia: Un debate metafísico
Epílogo: O legado da metafísica e os seus horizontes actuais
PARTE 2. TEORÍA DO COÑECEMENTO (EPISTEMOLOXÍA)
Introdución
A epistemoloxía en Descartes
A epistemoloxía en Leibniz
A epistemoloxía en Hume
A epistemoloxía en Kant
A formulación transcendental do coñecemento. Os elementos a priori
A fenomenoloxía de Husserl
Hermenéutica e posmodernidade
Verdade, verdades e opinións
Os límites do coñecemento e o problema do irracional
Epistemoloxías posthumanistas e postantropocentristas
Epílogo: Da epistemoloxía á lóxica
PARTE 3. LÓXICA
Pensamento, linguaxe e lóxica:
Unha introdución
Wittgenstein e o atomismo lóxico
Que é a lóxica?
Lóxica siloxística: Estrutura e razón formal
Lóxica proposicional
A lóxica como ferramenta de clarificación e análise
Os límites da lóxica e a racionalidade
Epílogo: A lóxica como ferramenta do pensamento filosófico
Conclusións finais
Filosofía, saber e perspectiva crítica
Bibliografía
Cadaya Vidal, Leopoldo; Diz Franco, Alejo Manuel; Fernández Fidalgo, Álvaro; Fernández Rodicio, Clara Isabel; González-Ares Fernández, José Agustín; Legaspi Díaz, Mónica; Peri Guedes, Marco Aurelio; Pintos Pérez, Jaime A.; Requejo Fernández, Esperanza; Rodríguez-Ennes, Luis; Rubín Álvarez, Abraham; Suárez Blázquez, Guillermo
Colex. 2025
35,00 €
33,25 €
Caram,Mªjosé; Leguizamón,Mºalejandra
Tirant lo Blanch. 2019
17,94 €
17,04 €
Palomino, Rafael; Navarro - Valls, Rafael
Editorial Ariel. 2003
24,04 €
22,84 €
24,90 €
23,65 €
Alexy, Robert; Barberis, Mauro; Bix, Brian H.; Bonorino Ramírez, Pablo Raúl; Borges Valadão, Rodrigo; Comanducci, Paolo; Federici, Renato; García Amado, Juan Antonio; Guastini, Riccardo; José L., Cusi-Alanoca; Massini-Correas, Carlos I.; Moreso, Juan José ; Navarro, Pablo E.; Ratti, Giovanni Battista ; Sendín Mateos, José Antonio
J.M. Bosch Editor. 2025
54,00 €
51,30 €
Romero Álvarez, Carla
Reus. 2024
45,00 €
42,75 €